Alvariza | Política de Grupo
Intencións e Principios
Un dos elementos esenciais que inspira a política de actuación de ALVARIZA Grupo de Certificación Forestal (en adiante “Grupo ALVARIZA”), é o compromiso público coa protección do medioambiente e co desenvolvemento sostible.
Por iso, o Grupo ALVARIZA nace coa idea de prestar un servizo integral de certificación aos seus membros, co fin de colaborar para fomentar e facilitar a implantación dos requisitos de FSC® e PEFC™. Así, promove un uso racional dos produtos e servizos do monte mediante un compromiso coa certificación forestal, co fin de fomentar unha xestión planificada e respectuosa cos valores socioculturais e ambientais.
Obxectivos
O Grupo ALVARIZA ten por obxectivos achegar, facilitar, simplificar e reducir custos e traballo aos Propietarios que queren obter un certificado forestal FSC® e PEFC™ para os seus produtos.
Para levar á práctica estes obxectivos, o Grupo ALVARIZA proponse:
- Conseguir a máxima calidade na prestación dos nosos servizos, cumprindo escrupulosamente con todos os requisitos legais e regulamentarios aplicables á nosa xestión a nivel europeo, estatal, autonómico e local.
- Establecer procedementos para a revisión periódica do cumprimento da nosa política, obxectivos e metas, dentro do proceso de mellora continua.
- Formar e concienciar aos distintos grupos de interese relacionados coa nosa actividade, facéndoos participes da nosa política.
- Asumir e facer cumprir os nosos membros a Norma UNE 162.002 Parte 1 de Xestión Forestal Sostible.
- Respetar toda a lexislación, local, autonómica, nacional e internacional
- Asumir o compromiso de non ofrecer e recibir sobornos de calquera tipo.
- Compromiso a longo prazo das practicas de xestión forestal por parte de Alvariza cos Principios e Criterios do FSC® e outra normativa referencial relacionada.
- Comprometerse a non ofrecer e/ou recibir sobornos en cartos nin prestarse a calquer outra forma de corrupción.
- Promover a igualdade de xénero nas prácticas de emprego, as oportunidades de capacitación, a adxudicación de contratos, os procesos para involucrar aos actores sociais e as actividades de xestión.
Para evidenciar tales compromisos, faremos pública na nosa páxina web esta política e estará a disposición de calquera parte interesada polas pertinentes vías de comunicación.
A 22 de setembro de 2020
Don. Manuel Beiro Lago
Representante do grupo ALVARIZA
Nº Licencia FSC-118939