Traballos de Certificación

ALGUNS DOS NOSOS TRABALLOS DE CERTIFICACIÓN

ASEFOR consultora pioneira na creación de grupos de pequenos propietarios

Especializados na Xestión Forestal e na adaptación dos montes aos estándares de certificación forestal.

Especializados na Xestión Forestal e na adaptación dos montes aos estándares de certificación forestal FSC® e PEFC, axudamos a manter a competitividade dos produtos forestais nun entorno globalizado, aumentado o valor engadido dos mesmos e ofrecendo unha oportunidade de mellora para o sector forestal, dende os máis pequenos produtores ata as empresas de transformación.

O servizo ofrecido abarca a planificación, xestión e o seguimento dos proceso, todo realizado dunha maneira comunicativa e preto das necesidades dos produtores.

A grande experiencia no sector, sitúa a ASEFOR como consultora pioneira na creación de Grupos de Pequenos Propietarios, conseguindo a certificación FSC para dous grupos de estas características en Galicia ofrecendo unha posibilidade de desenrolo e competitividade para a propiedade minifundista. Este logro provoca que outros pequenos propietarios forestais podan conseguilas avantaxes que ofrecen melloras económicas, ambientais e sociais para o mundo rural galego.

ASEFOR ten como obxectivo dar apoio aos propietarios forestais e achegarlles a certificación aos seus montes para que dispoñan dunha ferramenta fundamental para competir ao máis alto nivel nun mungo globalizado.

En ASEFOR somos especialmente sensibles cos pequenos propietarios. Sendo conscientes da realidade social do fraccionamento da superficie, elaboramos un sistema que lles permite ter presenza, baseándose no dito que a unión fai a forza, diminúe custes e reparte responsabilidades.

Trabajos de Certificación