Certificación Forestal

slider_011

¿QUE SON FSC® e PEFC?

Son selos cun amplo respaldo internacional, que ofrecen aos consumidores a garantía de que os produtos dos bosque veñen dunha xestión responsable, sensible con criterios ambientais, sociais e económicos.

Certificación Forestal: “Procedemento voluntario polo que unha terceira parte independente proporciona unha garantía escrita tanto de que a xestión forestal é conforme con criterios de sostibles como de que realiza un seguimento fiable dende a orixe dos produtos forestais.”

(Ley de Montes 43/ 2003. Art. 6.p)

FSC

O obxectivo do Forest Stewardship Council, (FSC) ou Consello de Administración Forestal, é a promoción dunha xestión forestal ambientalmente responsable, socialmente beneficiosa e economicamente viable nos bosques de todo o mundo.

A xestión forestal ambientalmente responsable asegura que o aproveitamento dos produtos forestais madeireiros e non madeireiros contribúan a manter a biodiversidade, a produtividade e os procesos ecolóxicos do monte.

A xestión forestal socialmente beneficiosa, contribúe a que as poboacións locais, así como a sociedade no seu conxunto, gocen dos beneficios a longo prazo do monte e proporciona tamén incentivos para que as comunidades conserven os recursos.

A xestión forestal economicamente viable, implica que as operacións forestais se estruturen e se administren de modo que sexan o suficientemente rendibles, sen que os beneficios económicos se xeren a expensas do recurso forestal, do ecosistema ou das comunidades afectadas. Os conflitos entre a necesidade de contar con ganancias financeiras e cos principios de responsabilidade ambiental e social nas operacións forestais, poden reducirse mediante a promoción de produtos de mellor calidade e con maior valor engadido axudando a que os produtores forestais se involucren nos plans de xestión.

PEFC

 O obxectivo de PEFC (Programme for the Endorsement of Forest Certification – Programa de recoñecemento de Sistemas de Certificación Forestal)  é asegurar que os bosques do mundo sexan xestionados de forma responsable e que a súa multitude de funcións estean protexidas para xeracións presentes e futuras. Para iso conta coa colaboración de propietarios e empresas do sector forestal, que apostando pola certificación dos seus bosques e industrias, estean asegurando a sostibilidade do sector.

 PEFC ofrece o marco para a aplicación dunha norma común acordada internacionalmente, a todos os seus sistemas de certificación nacional, e aos xestores forestais e empresas de transformación de produtos forestais.

Os produtos de orixe forestal (madeira, papel, cortiza, etc…) certificados polo PEFC garanten aos consumidores que están mercando produtos de bosques xestionados de maneira sustentable. Os consumidores destes produtos certificados poden axudar a combater a tala ilegal e fomentar as principais funcións dos bosques, contribuír ao mantemento de numerosos ecosistemas e diversidade biolóxica, ser o sustento económico de moitas poboacións rurais e a orixe dunha importantísima industria de transformación e ter un papel social e cultural recoñecido cada vez en maior medida.