Intencións e Principios
Un dos elementos esenciais que inspira a política de actuación de ALVARIZA Grupo de Certificación Forestal (en adiante “Grupo ALVARIZA”), é o compromiso público coa protección do medioambiente e co desenvolvemento sostible.
Por iso, o Grupo ALVARIZA nace coa idea de prestar un servizo integral de certificación aos seus membros, co fin de colaborar para fomentar e facilitar a implantación dos requisitos de FSC Y PEFC. Así, promove un uso racional dos produtos e servizos do monte mediante un compromiso coa certificación forestal, co fin de fomentar unha xestión planificada e respectuosa cos valores socioculturais e ambientais.
Obxectivos
O Grupo ALVARIZA ten por obxectivos achegar, facilitar, simplificar e reducir custos e traballo aos Propietarios que queren obter un certificado forestal FSC e PEFC para os seus produtos.
Para levar á práctica estes obxectivos, o Grupo ALVARIZA proponse:
Para evidenciar tales compromisos, faremos pública na nosa páxina web esta política e estará a disposición de calquera parte interesada polas pertinentes vías de comunicación.
A 15 de Outubro de 2018
Don. Manuel Beiro Lago
Representante do grupo ALVARIZA